Seccións

martes, 6 de marzo de 2012

Ánálise


*Thirteen (TH1RT3EN)- Megadeth- 2011.

Megadeth, lexendarios. Comandados polo cofundador de Metallica, Dave Mustaine, estableceron na música un estilo inconfundible. O seu persoal Heavy/Thrash Metal non deixa á crítica indiferente. Con algún que outro disco máis suave e meloso, sempre mantiveron a fidelidade dos seus fanáticos, xa que no seu caso varios discos máis comerciais (como Youthanasia ou Countdown to Extinction) non significaron un desgaste muisical, conseguindo manter a oleada de seguidores e gañar uns poucos máis. Isto ocorre a mediados e finais dos 90, pero na década pasada retornaron a un son máis forte con temas máis complexos, pero sempre eclipsado polos seus grandes inicios. O primeiro álbum que escoitei enteiriño neste ano foi Thirteen, esperando un resultado mellor ao anterior Endgame. A resposta: Tremendo.

¿Heavy Metal never dies? Comprobado. Xa vemos que grupos de décadas pasadas, e en idade de retiro laboral, conseguiron colleitar un notable éxito con discazos (como Accept, mencionado na anterior crítica; así como espero que fagan Black Sabbath e Judas Priest cos seus novos álbumes deste ano). Pois Megadeth conseguiuno con este álbum, así de sinxelo. O desgaste na desgarrada voz de Mustaine se compensa con un disco con voces máis graves que anteriores, pero cun traballo instrumental impecable alternando guitarra solista e rítmica co xenial Chris Broderick. Complementan ao 100%, como en tempos de Marty Friedman, grazas ao contraste do estilo sucio e heavy co estilo melódico e neoclásico, respectivamente. David Ellefson realiza un modesto traballo no baixo, e o baterista Shawn Drover (do cal non me convence o seu estilo), ao meu entender realiza un gran traballo no álbum con aportacións moi apropiadas.

O son é claro e limpo, cunha distorsión non moi thrash (propio da banda), que contrasta co estilo das composicións máis metaleras que anteriores traballos. Unha curiosidade deste álbum  é que se aproveitan todos os temas, non me decepcionou ningún, aínda que se repiten estruturas e ritmos. Sen lugar a dúbidas, destaca a potente Sudden Death, Never Dead e o single Public Enemy No. 1.

Un álbum con poucas pegas, conforme ao estilo da banda, cun gran traballo por todas as partes do grupo, reciclando o vello para crear algo novo, con bo resultado. Deixa o listón un pouco máis alto nesta nova era, demostrando que hai Megadeth para rato. 

Análise

Blood of the Nations-  Accept (2010)

Accept, os reis do heavy alemán. Un potente buque insifnia que orientou a moitísimas bandas na segunda metade dos 80 e no resto dos 90. Unha banda que mostrou a rapidez máis brutal nos seus anos, o son máis crudo e metálico, sendo a banda máis forte xunto a Priest e Motorhead no seu momento.

Despois de 15 anos e tras deixar atrás ao seu cofundador Udo Dirckshneider (quen disfruta da súa carreira en solitario), nadie creería que o sucedido podería ser certo. Foron varias as semanas nas que se mantivo no top 10 das listas de vendas alemanas, suecas, húngaras, finlandesas... chegando ao cuarto posto no seu país, sendo o disco máis vendido de rock duro en Europa e da súa carreira, un éxito. En youtube, o videoclip da súa canción Teutonic Terror é un éxito, xa é a canción máis vista da súa carreira na páxina web polos internautas. Tanto foi o seu éxito que o puiden escoitar apenas uns días despois da súa saída, cando normalmente se tardan semanas en compartir álbumes novos cos programas de transferencia de datos.

O seu secreto? Volver ás raíces, non retrocedendo, senón adaptándose  aos nosos días, sendo dos poucos discos que rondan na miña cabeza nesta segunda década do século. Certo que non se pode comparar coas súas obras mestras -Breaker (1981),Restless and Wild(1982), Balls to the Wall (1983) e Metal Heart (1985)- pero pisa os talóns destes artísticamente. O elixido como substituto de Udo foi Mark Tornillo, un descoñecido madurito que supera en agudeza ao pequeno alemán vestido de militar, con un bo porte en directo e algún que outro "galo" froito dos anos e a inexperiencia. Claro está que o secreto de Accept non era o Frontman, senón Wolf Hoffmann, quen consegue emular coa súa guitarra os mellores tempos do rock.

A irregularidade deste disco é a nota negativa, contén un 50/50 de cancións interesantes. Sobresae Beat the Bastards, a canción que da nome ao disco Blood of the Nations e Pandemic; pero a estrela é a épica Teutonic Terror, quizáis un dos 5 mellores temas do grupo.

O mellor disco da década, e quizáis do século, que nos mostra a esencia do Heavy Metal, quye non se desgasta co paso dos anos. Só a vella escola de QAccept pode mostrarnos a grande cumbre do rock.