Seccións

O xénero Metal

Acostúmase a entender por metal un tipo de música rock caracterizado por ritmos agresivosguitarras fortemente amplificadas e/ou distorsionadas, baterías acadados mediante o emprego de con dobre pedal e, normalmente, un tema escuro.
O metal é un estilo musical derivado do Rock & Roll dos anos cincuenta, e coma estes, dalle á liña de guitarra (eléctrica) un papel principal. Algúns músicos dos anos sesenta comezaron a experimentar incluíndo técnicas de composición contemporáneas, rifts e técnicas propias da música clásica e barroca e cunha certa velocidade de execución. Consecuentemente, fóronse simplificando as bases rítmicas, para que permitisen encadrar nos compases 4x4 do Rock arpexos e secuencias máis propias da música clásica. Ó tempo básico era o correspondente a un rock ou blues bastante rápido (presto ou prestissimo na linguaxe musical), a partir de 140 pulsacións por minuto.
Logo de grupos como Deep Purple ou Black Sabbath (ó que moitos cualifican de primeiro grupo de metal), e os guitarristas coma primeiro Hendrix (aínda que este non fose heavy) e logo Eddie Van Halen ou Yngwie Malmsteen, o metal sufreu unha forte evolución. Segundo as características que primase cada grupo, seguiría unha ou outra variante.
Así, por exemplo, o Metal Barroco, igual que no barroco clásico, ten coma característica fundamental o excesivo detalle, os adornos e a complexidade; o Metal Neo-Clásico, no cal predominan os arranxos sinxelos mais completos. O termo metal adóitase relacionar co termo heavy metal, aínda que este último engloba máis a un subxénero clásico, ao metal da vella escola, polo que eu consideroo como un subxénero, dándolle ao término metal maior importancia ao falar en xeral.

Os subxéneros máis importantes deste xénero son:

Heavy Metal: É o xénero clásico, o primeiro en aparecer. Florece a finais dos 60 con grupos de rock psicodélico como Steppenwolf, Cream, etc. pero é con Black Sabbath no ano 1970 cando se consolida definitivamente. Durante os 70 é definido sobre todo polos Judas Priest, que introducen o dobre bombo con maior intensidade, igual que algún álbum de Rainbow.Tamén cabe destacar grupos máis centrados no rock duro como Scorpions, Deep Purple, U.F.O. e Van Halen (que revolucionaron o uso da guitarra). O persoal estilo de Motorhead fará posible un heavy máis rápido. Durante os 80 e os 90 segue desenvolvéndose, pero prestando máis atención a outros subxéneros, chegando á súa maior cumbre con álbumes como Painkiller dos Judas e cos grandes Iron Maiden e coa colaboración de solistas como Ozzy e Dio, mostrando o maior poderío con Anvil, Accept, Saxon, Manowar, etc.

Power Metal: Nace en Alemaña a mediados dos 80, influenciado por bandas como Rainbow, Judas Priest e Maiden. O maior antecedente disto será o grupo máis heavy polos primeiros 80 naquel país, Accept, do que tomarán a rapidez e o estilo pre-neoclásico das composicións en guitarra e os solos. O seu primeiro representante é Helloween, que son a maior influencia dos grupos que nos 90 triunfarían. Pouco máis tarde aparecen bandas como Blind Guardian, Gamma Ray, Stratovarius... ademáis das máis recentes HammerFall, Primal Fear, Edguy, Masterplan, etc.

Thrash Metal: Un dos xéneros por excelencia. O  seu maior precursor quizáis sexa Motorhead pola súa rapidez, ademais de grupos da Nova Ola de Heavy Metal Británico e bandas máis heavys como os Judas, Anvil e Accept Os primeiros foron Nos  EUA Overkill e Metallica no 83, sendo este último o primeiro en facerse coñecido mundialmente para máis tarde abandoar a súa faceta. Slayer presenta unha rapidez insuperable, acompañado polo persoal estilo de Megadeth, máis pausado, e Anthrax, que nos 90 combinarían a súa música con raperos como Public Enemy. Esta corrente ten outra paralela en Alemaña, de carácter máis forte e próxima ao Death, coas tres grandes bandas: Kreator, Sodom e Destruction.

Death Metal: Nace en EE.UU. facendo referencia ao nome do grupo Death, o primeiro en desenenvolvelo. Outras bandas como Cannibal Corpse e Morbid Angel seguen a súa estela de rapidez, voces guturais e composicións incribles. Nos países Nórdicos, nace o Death Melódico, con un ton máis armónico, pero coa mesma potencia. Deuses deste movemento son Arch Enemy, Children of Bodom e In Flames.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.