Seccións

martes, 6 de marzo de 2012

Ánálise


*Thirteen (TH1RT3EN)- Megadeth- 2011.

Megadeth, lexendarios. Comandados polo cofundador de Metallica, Dave Mustaine, estableceron na música un estilo inconfundible. O seu persoal Heavy/Thrash Metal non deixa á crítica indiferente. Con algún que outro disco máis suave e meloso, sempre mantiveron a fidelidade dos seus fanáticos, xa que no seu caso varios discos máis comerciais (como Youthanasia ou Countdown to Extinction) non significaron un desgaste muisical, conseguindo manter a oleada de seguidores e gañar uns poucos máis. Isto ocorre a mediados e finais dos 90, pero na década pasada retornaron a un son máis forte con temas máis complexos, pero sempre eclipsado polos seus grandes inicios. O primeiro álbum que escoitei enteiriño neste ano foi Thirteen, esperando un resultado mellor ao anterior Endgame. A resposta: Tremendo.

¿Heavy Metal never dies? Comprobado. Xa vemos que grupos de décadas pasadas, e en idade de retiro laboral, conseguiron colleitar un notable éxito con discazos (como Accept, mencionado na anterior crítica; así como espero que fagan Black Sabbath e Judas Priest cos seus novos álbumes deste ano). Pois Megadeth conseguiuno con este álbum, así de sinxelo. O desgaste na desgarrada voz de Mustaine se compensa con un disco con voces máis graves que anteriores, pero cun traballo instrumental impecable alternando guitarra solista e rítmica co xenial Chris Broderick. Complementan ao 100%, como en tempos de Marty Friedman, grazas ao contraste do estilo sucio e heavy co estilo melódico e neoclásico, respectivamente. David Ellefson realiza un modesto traballo no baixo, e o baterista Shawn Drover (do cal non me convence o seu estilo), ao meu entender realiza un gran traballo no álbum con aportacións moi apropiadas.

O son é claro e limpo, cunha distorsión non moi thrash (propio da banda), que contrasta co estilo das composicións máis metaleras que anteriores traballos. Unha curiosidade deste álbum  é que se aproveitan todos os temas, non me decepcionou ningún, aínda que se repiten estruturas e ritmos. Sen lugar a dúbidas, destaca a potente Sudden Death, Never Dead e o single Public Enemy No. 1.

Un álbum con poucas pegas, conforme ao estilo da banda, cun gran traballo por todas as partes do grupo, reciclando o vello para crear algo novo, con bo resultado. Deixa o listón un pouco máis alto nesta nova era, demostrando que hai Megadeth para rato. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.