Seccións

martes, 28 de febrero de 2012

Disco en solitario de Lemmy

Lemmy Kilmister, líder de Motorhead, traballa actualmente nun disco en solitario, que terá colaboracións de musicos como Dave Grohl (Foo Fighters, Nirvana), Joan Jett e The Damned entre outros. Fai pouco díxolle á páxina SF Weekly que xa tiña 3 cuartas parets do traballo, e que hai dúas cancións con The Damned e outra con Dave Grohl. Finalmente dixo que intentaba contar con outros músicos, pero non anticipou ningunha data de saída.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Segue o culebrón Black Sabbath!

Dende o primeiro momento do abandono de BIll Ward, o meu voto para sustuituílo foi para Vinnie Appice (ex- black sabbath, dio, heaven and hell, e irmán de), mais nada claro está no asunto.
Varias fontes declaran que Bill Ward foi despedido por Sharon Osbourne (mánager e esposa de Ozzy), co propósito de que Tommy CLufetos (actual batería do grupo de Ozzy Osbourne en solitario)o sustituíra.

Nunha entrevista a Vinny Appice preguntaron acerca de si aceptaría o posto en Black Sabbath se llo ofreceran, ao que responde o seguinte:


"Bueno, está claro que sería difícil decir que no. Quiero dejar claro que no sería por aprovecharme de la situación, quiero a Tony y a Geezer, y de hecho toqué con ellos recientemente en un homenaje a Dimebag Darrell.

Ellos son como una familia y conozco a Ozzy muy bien, no hemos tocado mucho juntos pero es parte de mi familia y de mi historia. Sería duro negarse, pero tampoco quiero que afecte a mi banda KILL DEVIL HILL. Tendría que hacer ambos trabajos de una manera u otra."


Sobre a actualidade de Black Sabbath respondeu:

"Yo también estoy sorprendido con las noticias. No sé que está pasando, creía que Bill Ward estaba con ellos y me parecía fantástico; es triste presenciar un problema como este. La verdad es que no se mucho más que el resto del mundo, no sé que tienen en la cabeza. Mi principal preocupación es la enfermedad de Tony." 

lunes, 13 de febrero de 2012

Unión extravagante... de músicos extravagantes

Menuda noticia! Tom Jones decide unirse con Jack White. O antigo membro do xenial dúo  "White Stripes", logo de romper coa súa compañeira musical e sentimental, está inquedo en todo momento, buscando novos proxectos que realizar, como a súa carreira en solitario. Agora prodúcese esta colaboración, da que só se realizará un single en principio.

O single conterá 2 temas. O primeiro xa se pode escoitar, e chámase "Evil", un cover da canción de Howlin' Wolf. Colaboran tamén Patrick Keeler e Jack Lawrence, de The Raconteurs, en labores de batería e baixo respectivamente, ademáis de Carl Bromer, de My Morning Jacket.

Será posto á venda o 19 de Marzo, cunha versión de "Jezebel" do propio Jones

lunes, 6 de febrero de 2012

Geoff Tate, un xenio máis en forma que nunca

Geoff Tate, nacido en Alemaña fai 52 anos pero criado e residente nos EUA, é coñecido por ser o vocalista da prestixiosa banda de heavy metal, metal progresivo e hard rock Queensryche. Durante os 80 mostrou un grandísimo rexistro vocal, sendo coñecido por colaborar no proxecto We are Stars de Dio (versión heavy de We are the World). Nas súas principais influencias sempre cita a Rob Halford e Bruce Dickinson, con este último comparte un rexistro similar en voz grave, mentres toma o gran rango vocal de Halford en agudos como exemplo.

A grande influencia de Tate é moi notable no cantante da banda de metal progresivo Fates Warning, Ray Alder, que é un claro exemplo da súa herencia. O seu traballo como vocalista foi recoñecido por revistas como  Hit Parader, na que figura no posto 14 dos mellores vocalistas de rock duro e metal. Tamén foi votado como o segundo mellor cantante de metal por That Metal Show, e tamén foi posto no posto número 1 pola web ragerecords.net


Este gran vocalista é gran responsable do éxito colleitado por Queensryche a finais dos 80 e principios dos 90, acadando a consolidación no mercado musical. Nesta última década, a banda deixou de lanzar discos de tanta calidade como os anteriores. En algúns directos como o Live Evolution do 2001, puiden apreciar o grandísimo desgaste vocal de Tate, nada comparable con aquel Tate dos 80, pero que aínda así non era tan malo... 

A curiosidade é a seguinte: Este último ano estivo moi activo musicalmente. Realizou concertos acústicos con Queensryche, e agora aventúrase tamén en acústico como solista. Notei unha clara mellora no seu rango vocal, a pesar de que 10 anos antes me decepcionara coa súa actuación. Será froito dun mellor coidado da voz, ou un miragre que indica a volta dun xenio perdido? Espero que de algo sirva isto, pois gustaríame volver oír ao Queensryche de Queen of the Reich, de Eyes of a Stranger e de Take Hold of the Flame. Para mostrarvos o dito déixovos aquí 4 vídeos, un da canción Take Hold of the Flame nos 80, outro do pésimo directo de Evolution e a súa correspondente versión orixinal e un vídeo en solitario deste mesmo mes.



Novo álbum de Slayer

Kerry King, guitarrista de Slayer, dixo á revista Metal Hammer que posiblemente o grupo lance un novo disco no verán.

Agora mesmo estanse tomando un descanso, aínda que xa teñen 3 temas compostos para o disco, que sairá baixo o selo de American Recordings.

Respecto a Jeff Hannemann, parella na guitarra de King, dixo que segue recuperándose da súa doenza, e que estará co grupo cando volvan á estrada para subir de novo aos escenarios.

Korpiklaani en Santiago

Korpiklaani anunciou as seguintes datas en España para a súa última xira, entre elas está a nosa capital.

Xoves 12 de Abril, 19:45 hrs.
Sala Rockstar Live (Barakaldo, Vizcaya)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Fnac, Carrefour, puntos de la red Ticketmaster.es e nol teléfono 902 150 025

Venres 13 de Abril, 19:45 hrs.
Sala Razzmatazz 2 (Barcelona)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Revolver, Pentagram, Fnac, Carrefour, puntos da rede Ticketmaster.es y en el teléfono 902 150 025

Sabado 14 de Abril, 20:00 hrs.
Sala Caracol (Madrid)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Sun Records, Fnac, Carrefour, puntos da rede Ticketmaster.es y en el teléfono 902 150 025

Domingo 15 de Abril, 20:00 hrs.
Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Elepé (Vigo). Portobello (A Coruña). Fnac, Carrefour, puntos da rede Ticketmaster.es e no teléfono 902 150 025

Miércoles 18 de Abril, 20:00 hrs.
Sala Fanatic (Sevilla)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Fnac, Carrefour, puntos da rede Ticketmaster.es y en el teléfono 902 150 025

Jueves 19 de Abril, 20:00 hrs.
Sala Rock City (Valencia)
Precio: 23€ (Taquilla 28€)
Venta de Entradas: Harmony, Tipo, Fnac, Carrefour, puntos de la red Ticketmaster.es y en el teléfono 902 15

Anuncio de Motley Crüe

Todos os anos, un dos eventos máis importantes dos EUA é a final da SuperBowl. Non só polo deportivo, senón polo visual. Todos os anos actúa no intermedio unha gran estrela, sendo este ano a escollida Madonna. Outro factor moi impostante son as publicidades emitidas durante o descanso, sendo sempre de grandes marcas internacionais, con poder para permitirse o luxo de patrocinar os seus productos no horario con máis televidentes do ano. Este ano, a empresa Kia presenta o seu novo vehículo, en cuxo anuncio aparece a xenial banda de Glam Metal dos 80 interpretando a súa canción "Kickstar my Heart".Xunto a eles actúa a modelo Adriana Lima. Na miña opinión un anuncio moi orixinal, pero cheo de estereotipos machistas, que máis podemos esperar dos Estados Unidos...

Black Sabbath non contará con Bill Ward

A triste noticia foi transmitida mediante Facebook, primeiro por parte de Bill Ward que engadía que non estaba de acordo co contrato que se lle propuxera, e logo por parte de Black Sabbath que confirmaba o posible abandono de Bill do proxecto.





O comunicado oficial por parte de Bill Ward foi o seguinte:


Queridos fans de Sabbath, músicos y partes interesadas,
En este momento, nada me gustaría más que ser capaz de continuar con el álbum y la gira de BLACK SABBATH. Sin embargo, no puedo continuar a menos que se redacte un contrato “que se pueda firmar”, un contrato que refleje un poco de dignidad y respetohacia mi persona como miembro original de la banda.

El año pasado, he trabajado diligentemente y con buena fe con Tony, Geezer y Ozzy. Y el 11/11/11, una vez más de buena fe, he participado en la conferencia de prensa de Los Ángeles. Hace unos días, después de casi un año de negociaciones, se me entregó otro contrato “que no se puede firmar”.

Permítanme decir que, aunque este me ha puesto enuna especie de compás de espera, estoy embalado y listo para salir de los EE.UU. a Inglaterra. Más importante aún, definitivamente quiero participar en elálbum, y definitivamente quiero hacer una gira conBLACK SABBATH.

Desde la noticia de la enfermedad de Tony, y el entendimiento de que la banda lleva la producción al Reino Unido, he pasado todos los días tratando de estar dispuesto, tratando de averiguar lo que se cuece en las sesiones del Reino Unido, pero me he dado cuenta que he sido ninguneado (y, debo añadir, que no es la primera vez). Sintiéndome condenado al ostracismo, mi suposición a día de hoy, es que no sabré nada de lo que ocurre a menos que firme ese contrato “que no se puede firmar”.

El lugar en el que estoy está triste y solo porque todo loque quiero es tocar y participar. Si firmo tal y como está (redactado el contrato), se perderán mis derechos, mi dignidad y la respetabilidad como un músico de rock. Creo en la libertad y la libertad de expresión. Yo crecí en una banda de hard rock / metal. Nos pusimos de pie para algo, y tocamos con el corazón, conhonestidad y sinceridad. Yo estoy en el espíritu de la integridad, lejos de la enfermedad corporativa, soy real y honesto, justo y compasivo.

Si tengo que ser reemplazado, tengo que enfrentarme a vosotros, queridos seguidores de Sabbath. Espero que no me hagáis responsable de que la formación original de BLACK SABBATH no pueda continuar como se ha promovido. Sin reproches, quiero aseguraos a todos que mi lealtad a Sabbath permanece intacta. Así que aquí estoy. Pongo mi verdad ante vosotros. Estaré bien si me sale un contrato “que se pueda firmar”. No quiero decepcionar a nadie, especialmente a BLACK SABBATH y sus fans. Sabéis que os quiero. Sería un día muy triste para el rock si la situación actual cae hacia los deseos de unos pocos.

Mi posición no viene impulsada por la codicia. No busco chantajear en busca de dinero. Me gustaría algo que reconociera y reflejara mi contribución a la banda, incluyendo las reuniones que se produjeron hace catorce años. Después de la última gira me prometí no volver a firmar un contrato injusto. Quieroun contrato que muestre un poco de respeto para mí y mi familia, un contrato que haga honor a mi aportación a BLACK SABBATH desde sus comienzos.

Esto es lo que hay.

Cuidaos y sed fuertes.
Os quiero a todos y cada uno de vosotros.


Por parte da banda, a resposta foi clara:
"Estamos tristes por habernos enterado ayer a través de Facebook que Bill ha declinado públicamente participar en los actuales planes de BLACK SABBATH. No tenemos más opción que seguir adelante sin él, aunque la puerta sigue abierta. Todavía estamos en Inglaterra componiendo y grabando el nuevo disco.

Tony, Ozzy and Geezer"


As críticas ao grupo sucédense unha tras outra, acusados de traidores e avariciosos. Esa xira mundial, acompañada de disco, agora non será fiel ao seu propósito, xa que logo de vendela como a xira dos 4 orixinais non se contará cun dos mellores e máis influentes baterías da historia do rock. Acéptanse apostas, eu opto por que sexa reemplazado por Vinnie Appice (ex de Black Sabbath e Dio).

Yosi, un rockero de verdade

Todos sabemos as dúas cousas que caracterizan a Yosi, frontman de Los Suaves: Ser un artista impresionante e un verdadeiro monstro do rock... e ser un tío moi simpático. Xa coñecía esa faceta humorística de Yosi, pero onte curioseando sobre a versión do grupo francés Trust que Los Suaves fixeran da súa canción "Antisocial" (versionada xenialmente por Anthrax), encontrei un vídeo do máis gracioso, no que se ve o efecto que a vida do rock & roll causa naqueles aos que a idade e os quilómetros percorridos ás súas espaldas pasan factura, tendo unha actuación nefasta, e deixando imaxes como as innumerables miradas de vergonza que mostra o gran Cereijo...

miércoles, 1 de febrero de 2012

Análise Clásico

*The Triumph of Steel- Manowar (1992)

Quen nunca moveu a cintura coa Bomba de King África? Quén nunca tarareou The Final Countdown dos xeniais Europe? Para os incondicionales do metal, e para xente que non agrada deste estilo, é imposible escoitar un clásico desta banda e non mover a cabeza. Manowar consegue poñer a andar diariamente máis melenudos con Warriors of the world que o goberno de Estados Unidos nas movilizacións " Hippies".  O exemplo máis claro do que significa a palabra M-a-n-o-w-a-r é este disco. 

Despois de deixar en dez anos 6 álbums que xa nos mostraban o seu poderío, por fin conseguen rebelar o seu secreto. Aceiro, Steel. Este disco é duro, pesado.. pero ao mesmo tempo brillante e maleable, aínda que ás veces un chisco oxidable e corrosivo. 
Eric Adams alcanza a súa madurez musical, mostrando numerosos recursos vocais e un repertorio de centos de gritos desgarrados sen igual, abusando quizáis. Joey de Maio aporta practicamente todas as composicións, mentras os incorporados neste disco (o guitarra Shankle e o baterista Kenny Edwards) aportan esa velocidade característica do disco. 

Conta con cancións rápidas e baladas simples ben repartidas. Destaca a canción Metal Warriors, épica e salvaxe, Ride the Dragon e a balada Master of the Wind. Sorprenden cunha primeira canción de aire conceptual de 28 minutos, a máis longa da súa carreira. Esta canción baséase na Ilíada de Homero para relatar o seu remake da historia clásica. O mezclado do álbum mostra o son limpo e metálico que caracteriza a manowar, sen apenas ecos e efectos.

O álbum que tocou a cima da banda ( o mellor diría eu ), caracterizado pola omnipresente irregularidade das súas cancións, ao que só ese reproche se lle pode aplicar, sendo unha arma hipnotizante para as cabezas, facéndoas mover esaxeradamente de arriba a abaixo.
9 estrelas de 10