Seccións

lunes, 13 de febrero de 2012

Unión extravagante... de músicos extravagantes

Menuda noticia! Tom Jones decide unirse con Jack White. O antigo membro do xenial dúo  "White Stripes", logo de romper coa súa compañeira musical e sentimental, está inquedo en todo momento, buscando novos proxectos que realizar, como a súa carreira en solitario. Agora prodúcese esta colaboración, da que só se realizará un single en principio.

O single conterá 2 temas. O primeiro xa se pode escoitar, e chámase "Evil", un cover da canción de Howlin' Wolf. Colaboran tamén Patrick Keeler e Jack Lawrence, de The Raconteurs, en labores de batería e baixo respectivamente, ademáis de Carl Bromer, de My Morning Jacket.

Será posto á venda o 19 de Marzo, cunha versión de "Jezebel" do propio Jones

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.