Seccións

lunes, 6 de febrero de 2012

Geoff Tate, un xenio máis en forma que nunca

Geoff Tate, nacido en Alemaña fai 52 anos pero criado e residente nos EUA, é coñecido por ser o vocalista da prestixiosa banda de heavy metal, metal progresivo e hard rock Queensryche. Durante os 80 mostrou un grandísimo rexistro vocal, sendo coñecido por colaborar no proxecto We are Stars de Dio (versión heavy de We are the World). Nas súas principais influencias sempre cita a Rob Halford e Bruce Dickinson, con este último comparte un rexistro similar en voz grave, mentres toma o gran rango vocal de Halford en agudos como exemplo.

A grande influencia de Tate é moi notable no cantante da banda de metal progresivo Fates Warning, Ray Alder, que é un claro exemplo da súa herencia. O seu traballo como vocalista foi recoñecido por revistas como  Hit Parader, na que figura no posto 14 dos mellores vocalistas de rock duro e metal. Tamén foi votado como o segundo mellor cantante de metal por That Metal Show, e tamén foi posto no posto número 1 pola web ragerecords.net


Este gran vocalista é gran responsable do éxito colleitado por Queensryche a finais dos 80 e principios dos 90, acadando a consolidación no mercado musical. Nesta última década, a banda deixou de lanzar discos de tanta calidade como os anteriores. En algúns directos como o Live Evolution do 2001, puiden apreciar o grandísimo desgaste vocal de Tate, nada comparable con aquel Tate dos 80, pero que aínda así non era tan malo... 

A curiosidade é a seguinte: Este último ano estivo moi activo musicalmente. Realizou concertos acústicos con Queensryche, e agora aventúrase tamén en acústico como solista. Notei unha clara mellora no seu rango vocal, a pesar de que 10 anos antes me decepcionara coa súa actuación. Será froito dun mellor coidado da voz, ou un miragre que indica a volta dun xenio perdido? Espero que de algo sirva isto, pois gustaríame volver oír ao Queensryche de Queen of the Reich, de Eyes of a Stranger e de Take Hold of the Flame. Para mostrarvos o dito déixovos aquí 4 vídeos, un da canción Take Hold of the Flame nos 80, outro do pésimo directo de Evolution e a súa correspondente versión orixinal e un vídeo en solitario deste mesmo mes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.