*The Triumph of Steel- Manowar (1992)
Quen nunca moveu a cintura coa Bomba de King África? Quén nunca tarareou The Final Countdown dos xeniais Europe? Para os incondicionales do metal, e para xente que non agrada deste estilo, é imposible escoitar un clásico desta banda e non mover a cabeza. Manowar consegue poñer a andar diariamente máis melenudos con Warriors of the world que o goberno de Estados Unidos nas movilizacións " Hippies". O exemplo máis claro do que significa a palabra M-a-n-o-w-a-r é este disco.
Despois de deixar en dez anos 6 álbums que xa nos mostraban o seu poderío, por fin conseguen rebelar o seu secreto. Aceiro, Steel. Este disco é duro, pesado.. pero ao mesmo tempo brillante e maleable, aínda que ás veces un chisco oxidable e corrosivo.
Eric Adams alcanza a súa madurez musical, mostrando numerosos recursos vocais e un repertorio de centos de gritos desgarrados sen igual, abusando quizáis. Joey de Maio aporta practicamente todas as composicións, mentras os incorporados neste disco (o guitarra Shankle e o baterista Kenny Edwards) aportan esa velocidade característica do disco.
Conta con cancións rápidas e baladas simples ben repartidas. Destaca a canción Metal Warriors, épica e salvaxe, Ride the Dragon e a balada Master of the Wind. Sorprenden cunha primeira canción de aire conceptual de 28 minutos, a máis longa da súa carreira. Esta canción baséase na Ilíada de Homero para relatar o seu remake da historia clásica. O mezclado do álbum mostra o son limpo e metálico que caracteriza a manowar, sen apenas ecos e efectos.
O álbum que tocou a cima da banda ( o mellor diría eu ), caracterizado pola omnipresente irregularidade das súas cancións, ao que só ese reproche se lle pode aplicar, sendo unha arma hipnotizante para as cabezas, facéndoas mover esaxeradamente de arriba a abaixo.
9 estrelas de 10
9 estrelas de 10
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.