Seccións

lunes, 6 de febrero de 2012

Anuncio de Motley Crüe

Todos os anos, un dos eventos máis importantes dos EUA é a final da SuperBowl. Non só polo deportivo, senón polo visual. Todos os anos actúa no intermedio unha gran estrela, sendo este ano a escollida Madonna. Outro factor moi impostante son as publicidades emitidas durante o descanso, sendo sempre de grandes marcas internacionais, con poder para permitirse o luxo de patrocinar os seus productos no horario con máis televidentes do ano. Este ano, a empresa Kia presenta o seu novo vehículo, en cuxo anuncio aparece a xenial banda de Glam Metal dos 80 interpretando a súa canción "Kickstar my Heart".Xunto a eles actúa a modelo Adriana Lima. Na miña opinión un anuncio moi orixinal, pero cheo de estereotipos machistas, que máis podemos esperar dos Estados Unidos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.