Seccións

martes, 31 de enero de 2012

Análise Clásico

* Black Album- Metallica (1991).


Despois de case 10 anos, un productor canadiense, Bob Rock (productor que xa comercializou a bandas como motley crüe), acabou coa grandeza de Metallica, grupo co-creador do xénero que coñecemos como Thrash Metal. Catro discos crearon un mito inortal, ensombrecido por 20 anos dunha carreira plagada de cancións basura sen comparación con anteriores traballos. Perderían no artístico, pero gañaron seguidores conformistas, e sobre todo, acabaron forrados de ouro.

 Este primeiro inicio da era "post-thrash é un disco difícil de clasificar. Para non complicarnos chamaríamolo simplemente Metal, pero algunhas composicións son máis cercanas a un stoner- rock e a un estraño hard rock, incluso con algunha que outra canción máis Thrash. O mito Lars Ulrich é a cara máis amarga deste cambio, abandonando o seu persoal estilo e establecendo ritmos pouco pegadizos e simples, nada comparado con algunha das proezas mostradas en discazos como o anterior And Justice For All. Kirk Hammet creou solos convincentes, pero que ensombrecen as actuacións dos seus 3  discos anteriores.

Aínda que foi un cambio moi radical e comercial, a crítica foi moi positiva, e debo alegar que é un disco de gran calidade, con temas que acadaron moita fama como Enter Sandman e Nothing else Matters, así como a xenial Unforgiven. Todos os temas son moi repititivos, contrastando coa gran elaboración de ritmos que contaban anteriormente os seus álbums.

Un disco que marcou o punto de partida da nova era Metallica, con bos temas pegadizos, aínda que contrarresta co estilo ofrecido anteriormente, e supón un traspaso do máis orixinal polo máis comercial.  -9 estrelas de 10.


Aplicación de Nightwish para Smartphone

Nightwish lanzou unha aplicación para smartphone que trae os singles "The Crow, The Owld And The Dove" e "Storytime", coas súas respectivas letras e acompañadas pola discografía do grupo, biografía, datas de concertos, noticias, información do novo álbum e opcións para adquirir material.
Debedes engadir este enlace no voso teléfono móbil

Confirmacións para "Rock" in Rio 2012

A organización do Rock in Rio confirmou onte a novos artistas para o cartel do seu vindeiro show. O 6 de Xullo tocarán no recinto de Arganda del Rey estrelas internacionais como David Guetta, Pitbull, Martin Solveig, Pete Tong e Wally Lopez. Todos os anos este decepcionante macroconcerto confirma a estrelas do pop comercial, sendo este ano un cartel vergonzante pola presencia destes "artistas" do panorama da música actual. Moitos coincidimos en que o nome do show non é o máis axeitado, e por moito que sempre se conte con artistas de renome do panorama do ROCK, como son os habituais Metallica, non merece ao meu xuízo levar o nome do grande xénero da historia da música.

Novo álbum de Korpiklaani

Está confirmada a data de saída do novo álbum desta banda finlandesa de Folk Metal. O álbum chamarase "Kunnia", e confírmase que o disco será posto á venda no próximo mes de Agosto.

miércoles, 25 de enero de 2012

Nova Ed. especial de Judas Priest

Columbia/ Eic/ Legacy sacaron onte, 24 de Xaneiro, unha caixa de Judas Priest formada por 17 discos chamada "The Complete Albums Collection"




Rocka Rolla (1974)
Sad Wings Of Destiny (1976)
Sin After Sin (1977)
Stained Class (1978)
Killing Machine (1978)
Unleashed In The East (1979)
British Steel (1980)
Point Of Entry (1981)
Screaming For Vengeance (1982)
Defenders Of The Faith (1984)
Turbo (1986)
Priest… Live! (1987)
Ram It Down (1988)
Painkiller (1990)
Angel Of Retribution (2005)
Nostradamus (2008)
A Touch Of Evil… Live (2009)


Trae novas edicións remasterizadas dos dous primeiros discos. Todos veñen en carpetas de cartón con reproduccións das portadas orixinais dos vinilos. Complétase cun libreto de 40 páxinas con fotos, créditos dos discos e notaas escritas polo periodista Greg Pato.

A polémica está servida, pois non se incluíron os 2 álbumes de estudo e os outros 2 directos da época na que contaron co cantante Tim "Ripper" Owens en substitución de Rob Halford, polo que Owens xa fixo algún comentario ao respecto.

Motorhead reedita "1916"


Este álbum de 1991 será reeditado por Back on Black Records en formato vinilo o 12 de Marzo. Os temas que inclúe son:

Cara A:


The One To Sing The Blues
I’m So Bad (Baby I Don’t Care)
No Voices In The Sky
Going To Brazil
Nightmare/The Dreamtime

Cara B:

Love Me Forever
Angel City
Make My Day
Ramones
Shut You Down
1916

Novo álbum de Deep Purple

A lexendaria banda de rock Deep Purple publicou na súa páxina web que estarán compoñendo e gravando ata o verán para poder así completar un disco que posiblemente sairía no 2013, e ao que lle seguirá unha xira mundial. Por agora non se revelaron máis detalles sobre o asunto.

Novo disco de Overkill

Esta banda Estadounidense de Thrash lanzara o seu próximo álbum según indica o catálogo online de EMP. Esecifícase que será publicado o 27 de Marzo en EEUU, e o 30 en Europa , sendo no noso continente baixo o selo de Nuclear Blast. O disco titularase "The Electric Age", o cal se poderá adquirir en CD ou en dobre vinilo. Algúns nomes das cancións serán "Electric Rattlesnake", "Wish You Were Dead", " Drop the Hammer" e " Save Yourself".

Anthrax realiza un novo videoclip!!

A xenial banda de Thrash Metal Anthrax estrenou un novo videoclip que podedes apreciar nesta entrada. Trátase da gran canción "The Devil You Know" do seu último disco, gravado xunto ao vocalista Joey Belladonna 20 anos despois da sua marcha.
 

martes, 24 de enero de 2012

Análise Clásico

*Painkiller (1990), Judas Priest.



Comezos dos 90. O mundo do rock refúxiase en antigas glorias de tempos pasados. Metallica conquista a MTV e os primeiros postos de ventas mundiais ao cambiar o aceiro pola goma de mascar. Guns n`Roses triunfa coa súa fórmula de baladas sensacionalistas. Só un destello de luz en Seattle mantén vivo ao rock n`roll, pois capitaneados por Kurt Cobain, Nirvana e  outros 3 grandes (Soundgarden, Pearl Jam e Alice in Chains) recuperan a esencia do punk combinándo cun potente son alternativo de guitarras: o Grunge


A pesar da caída do Hard Rock (Glam Metal) nos EUA, o mundo do metal progresa gracias a varias correntes.
  1. Alemania: unha oleada de grandes bandas seguen a estela de Helloween perfeccionando o Power Metal.
  2. Países Nórdicos: as voces guturais apodéranse das xélidas terras do norte, pois aparecen os primeiros destellos de verdadeiro Death Metal. 
  3. EE.UU: Pantera únese a grandes bandas de thrash como Megadeth e Slayer para encher estadios en contraste co comercialismo de Metallica.
  4. En inglaterra, Maiden refúxiase en álbumes con aire conceptual mellorables, mais un xenio dos 70 e 80 alcanza o infinito.
Judas Priest, eses que definiron o que hoxe chamamos Heavy Metal con obras mestras e cancións para a historia. A súa evolución foi impresionante. Pasaron do seu primeiro disco no 74 con toques de rock duro e progresivo a crear o primeiro disco de Heavy Metal considerado PURO no 76 con Sad Wings of Destiny. En  1980 serán mundialmente coñecidos con éxitos como Breaking the law, a xoia do British Steel. Logo chegaría un disco realizado por e para a súa difusión na radio e a televisión, e logo disto dous álbums construídos sobre a base do mellor Heavy da época. No 86 atrévense a engadir sintetizadores ao novo disco, e logo do intento de reconciliación co público máis esixente reclutaron a un xoven batería que protagoniza o potentísimo solo no primeiro minuto da obra mestra que da nome ao mellor álbum da súa carreira, Painkiller. Con isto definen o Metal como o que debe ser: caña, caña, caña, caña! Un disco redondo en todos os sentidos, ensombrencido so polo incomprendido baixista Ian Hill, e onde Halford, aos seus 40 anos, realiza rexistros inalcanzables para todos os cantantes do panorama. O son tórnase arrollador, cunha combinación de efectos vocais e maior presencia de batería, así como unha distorsión moi coidada e estratosférica. A potencia dos riffs compostos por Glenn Tipton, e as batallas de solos que mantén co xenial KK Downing poseen as máis novedosas e complexas técnicas do metal máis contemporáneo, poseendo así este disco un dos dúos de guitarras máis completos dende sempre (senón o máis). Para un servidor (e seguramente miles de persoas), é a cumbre do mundo do Heavy Metal, o mellor disco deste xénero, que define o estilo de Priest, que conservan as súas señas de identidade de sempre pero que non deixan de evolucionar positivamente na súa historia, conseguindo así ter o currículum máis incrible da historia do metal, e un dos mellores do rock en xeral. -10 puntos de 10


lunes, 23 de enero de 2012

Benvidos ao voso rincón musical na rede!!

 Nesta páxina analizarei grupos e álbums destacados, publicarei noticias recentes do mundo do rock, así como un calendario de concertos... todo para facervos partícipes da historia e a actualidade dos mellores grupos da historia do metal. Mencionarei grupos de diversos xéneros, abarcando dende grupos pioneiros de rock duro ata as últimas novidades do death metal, pasando por xéneros alternativos, centrándome nas 3 décadas fundamentais da nosa música, e dando maior mención a aqueles grupos que revolucionaron o panorama do hard rock, do heavy metal, do thrash metal,  do power metal... con especial atención á actualidade das vellas bandas ata os destacados da última década. Podedes ver un blog de calidade en español aquí

Un saúdo heavy metaleros, e larga vida ao rock & roll.