
Comezos dos 90. O mundo do rock refúxiase en antigas glorias de tempos pasados. Metallica conquista a MTV e os primeiros postos de ventas mundiais ao cambiar o aceiro pola goma de mascar. Guns n`Roses triunfa coa súa fórmula de baladas sensacionalistas. Só un destello de luz en Seattle mantén vivo ao rock n`roll, pois capitaneados por Kurt Cobain, Nirvana e outros 3 grandes (Soundgarden, Pearl Jam e Alice in Chains) recuperan a esencia do punk combinándo cun potente son alternativo de guitarras: o Grunge
A pesar da caída do Hard Rock (Glam Metal) nos EUA, o mundo do metal progresa gracias a varias correntes.
- Alemania: unha oleada de grandes bandas seguen a estela de Helloween perfeccionando o Power Metal.
- Países Nórdicos: as voces guturais apodéranse das xélidas terras do norte, pois aparecen os primeiros destellos de verdadeiro Death Metal.
- EE.UU: Pantera únese a grandes bandas de thrash como Megadeth e Slayer para encher estadios en contraste co comercialismo de Metallica.
- En inglaterra, Maiden refúxiase en álbumes con aire conceptual mellorables, mais un xenio dos 70 e 80 alcanza o infinito.
Judas Priest, eses que definiron o que hoxe chamamos Heavy Metal con obras mestras e cancións para a historia. A súa evolución foi impresionante. Pasaron do seu primeiro disco no 74 con toques de rock duro e progresivo a crear o primeiro disco de Heavy Metal considerado PURO no 76 con Sad Wings of Destiny. En 1980 serán mundialmente coñecidos con éxitos como Breaking the law, a xoia do British Steel. Logo chegaría un disco realizado por e para a súa difusión na radio e a televisión, e logo disto dous álbums construídos sobre a base do mellor Heavy da época. No 86 atrévense a engadir sintetizadores ao novo disco, e logo do intento de reconciliación co público máis esixente reclutaron a un xoven batería que protagoniza o potentísimo solo no primeiro minuto da obra mestra que da nome ao mellor álbum da súa carreira, Painkiller. Con isto definen o Metal como o que debe ser: caña, caña, caña, caña! Un disco redondo en todos os sentidos, ensombrencido so polo incomprendido baixista Ian Hill, e onde Halford, aos seus 40 anos, realiza rexistros inalcanzables para todos os cantantes do panorama. O son tórnase arrollador, cunha combinación de efectos vocais e maior presencia de batería, así como unha distorsión moi coidada e estratosférica. A potencia dos riffs compostos por Glenn Tipton, e as batallas de solos que mantén co xenial KK Downing poseen as máis novedosas e complexas técnicas do metal máis contemporáneo, poseendo así este disco un dos dúos de guitarras máis completos dende sempre (senón o máis). Para un servidor (e seguramente miles de persoas), é a cumbre do mundo do Heavy Metal, o mellor disco deste xénero, que define o estilo de Priest, que conservan as súas señas de identidade de sempre pero que non deixan de evolucionar positivamente na súa historia, conseguindo así ter o currículum máis incrible da historia do metal, e un dos mellores do rock en xeral. -10 puntos de 10
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.